O noso centro participa no Proxecto Abalar e dende os seus inicios vimos utilizando diferentes ferramentas para a mellora da calidade educativa. Neste curso abrangue 4 aulas de 5º e 6º de Educación Primaria cun número total de alumn@s de 92. Tamén participamos no proxecto Edixgal trata de proporcionar aos centros educativos a posibilidade de presentar un proxecto integral para a incorporación de materiais dixitais en todas as materias de 5º e 6º de educación primaria e 1º de ESO, para isto dispoñerán do apoio da Administración en forma de provisión de materiais e libros dixitais, así como dunha contorna virtual de aprendizaxe que permita desenvolver todo o potencial e dea soporte ao proxecto.
No abstract
ResumenEste artigo está enmarcado dentro do itinerario de competencia dixital (nivel avanzado) proposto pola Comisión TIC da rede permanente de formación do profesorado da Consellería de Educación de Galicia. Este curso desenvólvese totalmente en rede sen que exista previsión de ningunha sesión presencial. Sabemos que a tarefa de titoría resulta polo tanto moi importante no bo funcionamento do mesmo. Pretendemos explicar cómo funciona os itinerarios de competencias dixitais dende o perfil do titor do curso. O asesoramento no funcionamento da Plataforma, as axudas na resolución de dificultades, as correccións e as avaliacións serán tarefas primordiais no traballo do titor.Palabras claves: competencias dixitais, nivel avanzado, módulos, itinerario. AbstractThis article is framed in the itinerary of digital competence (advanced level) suggested by the TIC Commission of the permanent net of formation of the teaching staff of the Department of Education of Galicia. This course copes totally in net without there being forecast of any eyewitness session. We know that the task of tuition is therefore very important in the good functioning of it. We intend to explain how it works the itineraries of digital competences from the profile of the tutor of the course. The advice in the functioning of the Platform, the helps in the resolution of difficulties, the corrections and the evaluations will be fundamental tasks in the work of the tutor.
ResumenPartiremos de destacar a influencia das TIC no avance do significado de educar "en" e "para" a diversidade dende as novas propostas que este termo ten acadado nos últimos tempos. Especialmente baixo a perspectiva da educación inclusiva que é fundamental que se vaia introducindo da maneira máis natural posible nos centros educativos. Na propia definición de diversidade que se recolle no D. 229/2011, que regula a atención á diversidade, vemos recollida a necesidade de levar a cabo unha educación inclusiva, que atenda a todos e todas a través de todos os axentes educativos, así como compensadora das diferenzas individuais Palabras clave: convivencia, plan de centro, coordinación, atención á diversidade. AbstractLet us emphasize the influence of ICT on advancing the meaning of educating "in" and "for" diversity from the new proposals that this term has achieved in recent times. Especially from the perspective of inclusive education that is essential to be introduced as naturally as possible in educational centers. In the definition of diversity that is included in D. 229/2011, which regulates attention to diversity, we see the need to carry out an inclusive education that meets everyone through all educational agents, as well as Compensating for individual differences Keywords: Coexistence, center plan, coordination, attention to diversity. IntroducciónNa propia definición de diversidade que se recolle no D. 229/2011, que regula a atención á diversidade, vemos recollida a necesidade de levar a cabo unha educación inclusiva, que atenda a todos e todas a través de todos os axentes educativos, así como compensadora das diferenzas individuais, o que implica un cambio de pensamento e de orientación organizativo e estrutural interno nos centros escolares, no só dende un aspecto burocrático, senón e sobre todo dende unha mudanza das metodoloxías de traballo co alumnado e o seu entorno. Todo elo conlevará a abordar unha formación integral dende un punto de vista humano, social e cultural.Cando (2002), o desexo e a responsabilidade de aprender serán eficaces si nacen da propia escola. Serán menos eficaces cando esas tarefas da aprendizaxe da escola tan so sexan impostas dende fora. Por isto consideramos que o primeiro e verdadeiro paso, ao falar dun proxecto de cambio educativo, é crear un contexto axeitado no que os docentes podan reflexionar sobre a conveniencia ou non de propoñer dito cambio, e que sexan eles mesmos os que establezan as cuestións sobre as que é necesario planearse un cambio. Estamos dacordo, polo tanto, con Bolívar (2000: 53), cando afirma que "son los propios centros los que han de determinar su propia transformación organizativa, los agentes de cambio externo deben apoyar el aprendizaje colectivo de los implicados".Polo tanto e nas dimensións que nos movemos no presente traballo a ninguén lle se pode escapar a importancia de encaixar conceptos tan importantes como inclusividade, atención ás diferenzas, coas novas tecnoloxías aplicadas ao ámbito educativo. Principalmente á hora de falar de cambio...
ResumenA recente publicación do D. 8/2015 do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar. Así pois queremos destacar unha das ferramentas básicas que debemos desenvolver hoxe en día na maioría de centros educativos. Son os procedementos conciliadores instrumentos que pretenden favorecer a implicación e o compromiso do alumno ou alumna corrixido/a e da súa familia no caso de outras medidas preventivas aplicadas con anterioridade non teña sortido o efecto buscado.Palabras claves: Educación en valores, cidadanía, comunidade educativa, competencias, convivencia. AbstractThe recent publication of the D. 8/2015 of the 8th of January, for which the Law 4/2011, of the 30th of June, of communal life and participation of the educational community on the subject of school communal life, is developed. So we want to send one of the basic tools that we have to unwrap nowadays in the majority of educational centers. They are the conciliatory procedures instruments that intend to favor the implication and the commitment of the pupil or pupil corrected/the and of his family in the event of other applied preventive measures with precedence the effect looked for does not have sortido.Keywords: Education in values, citizenship, educational community, competences, communal life. IntroducciónEstamos nun momento social onde cada vez máis recaen sobre a institución escolar tarefas que tradicionalmente se situaban noutros niveis do entramado educativo. Así pois cada vez máis faise preciso poñer en xogo todas as ferramentas didactico-curriculares que dende os centros educativos poidamos desenvolver no senso de que o objetivo fundamental da escola que non debe ser outro que o de formar cidadáns intregrais e dicir abordando as cinco grandes capacidades do ser humano: cognitivas, cognitivas, motrices, de equilibrio persoal, de relación interpersoal e de inserción social, así como as Competencias Clave para a vida que se determinan nos escritos internacionais da OCDE (DeSeCo, 2006) e se concretan nos decretos curriculares das ensinanzas inicias, medias e superiores, como por exemplo: aprender a ser e facer, aprender a comunicarse e expresarse, aprender a colaborar e a relacionarse, e en resumo aprender a aprender o propio e o dos demáis.A Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, e a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establecen os principios e fins da actividade educativa.Entre os principios da educación sinalan a transmisión dos valores que favorecen a liberdade persoal, a responsabilidade, a solidariedade, a tolerancia, a igualdade, o respecto e a xustiza, que constitúen a base da vida en común, e a participación da comunidade educativa, así como o principio do esforzo compartido que deben realizar o alumnado, as familias, o profesorado, os centros, as administracións, as institucións e a sociedade no seu conxunto como requisito necesario para asegurar unha educación de calidade con equi...
scite is a Brooklyn-based organization that helps researchers better discover and understand research articles through Smart Citations–citations that display the context of the citation and describe whether the article provides supporting or contrasting evidence. scite is used by students and researchers from around the world and is funded in part by the National Science Foundation and the National Institute on Drug Abuse of the National Institutes of Health.
hi@scite.ai
10624 S. Eastern Ave., Ste. A-614
Henderson, NV 89052, USA
Copyright © 2024 scite LLC. All rights reserved.
Made with 💙 for researchers
Part of the Research Solutions Family.