RESUMOO presente traballo busca recoller unha serie de estratexias e propostas que permitan abordar a coeducación dende os centros educativos. O artigo describe brevemente a situación do colectivo feminino na actualidade nos ámbitos político, laboral e social primordialmente. Ademais, establece a importancia da coeducación de cara ao desenvolvemento integral das persoas, así como a relevancia outorgada á mesma dende a lexislación tanto estatal como autonómica. A pesares de que non existen "receitas máxicas" de cara á consecución dunha sociedade igualitaria, este documento pretende constituírse como unha referencia que recolla aquelas propostas, experiencias e accións máis relevantes no campo da coeducación.Palabras chave: coeducación, escola, igualdade de oportunidades, infancia, sistema educativo.
El androcentrismo permea la realidad e inunda las aulas de todos los niveles educativos, por lo que es acuciante la implantación de pedagogías feministas que confieran solución a estas situaciones. El objetivo de la investigación que se presenta es analizar la presencia de la formación en pedagogías feministas en los planes de aprendizaje inicial de las profesionales y los profesionales de la educación de la Comunidad Autónoma gallega. Para ello se han revisado las materias impartidas en los grados universitarios para la formación de maestras, maestros, pedagogas, pedagogos, educadoras y educadores sociales, además de los másteres universitarios que habilitan al profesorado de educación secundaria en las tres universidades gallegas. Los resultados muestran una carencia formativa considerable en este ámbito, con importantes diferencias entre las instituciones de enseñanza superior que forman parte del estudio, así como en el deseo, tanto de alumnado como de profesorado, de recibir dicha formación. Finalmente, se ofrecen una serie de propuestas de mejora y se reitera la necesidad de promover la educación en pedagogías feministas del profesorado y demás profesionales del ámbito educativo.
Este trabajo pretende identificar las respuestas ante las violencias de género 2.0 (VG2.0) en el colectivo adolescente y analizar la existencia de posibles diferencias en estas respuestas en función del sexo. Participaron en el mismo 615 estudiantes de tercero y cuarto de ESO escolarizados en centros públicos de la comunidad autónoma gallega. Se llevó a cabo un estudio por encuesta usando como instrumento de recogida de datos el cuestionario en modalidad on-line de Violencias de género 2.0. Los datos se analizaron mediante estadística descriptiva y para ello se utilizó el paquete estadístico SPSS, versión 22.
Esta comunicación relata a experiencia do curso de formación de alumnado axudante, levado a cabo con rapaces e rapazas do 1º curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) do IES “Parga Pondal” de Carballo, organizado polo propio Centro, en colaboración co Seminario de Emocionalidade, Xéneros e Desenvolvemento Humano (EXDEHU) do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), durante este curso académico 2014/2015. O obxectivo desta actividade era proporcionar ao alumnado, que asiste voluntariamente á formación, os coñecementos básicos relativos ás funcións, destrezas, ferramentas e estratexias de intervención dos e das axudantes. Así, a formación organizouse en dous módulos temáticos: un primeiro sobre as funcións deste alumnado axudante (dun total de 3 horas); e un segundo sobre o adestramento en destrezas e competencias para a función de axudante (de 6 horas de duración). Estas sesións deron como resultado a constitución dun grupo de traballo no que se abordaron diferentes cuestións sobre a vida no centro escolar, os conflitos e a súa resolución, as relacións entre adolescentes e as posibilidades de acción, como alumno ou alumna, para contribuir ao benestar individual e grupal na aula. Poden referirse moitas razóns que fan precisa e pertinente a posta en marcha de sistemas de apoio e axuda entre iguais na ESO, pero fundamentalmente, como resposta ante as necesidades diarias dos centros escolares, estarían: unha atención simétrica e inclusiva á diversidade, a mellora do clima de convivencia a través da autoxestión e resolución dos conflitos, o fomento da educación en valores, e o recoñecemento e a promoción de modelos de comportamento solidarios, colaborativos e positivos entre os rapaces e as rapazas. O alumnado axudante posibilita a posta en valor dun gran recurso humano, o propio alumando, demostrando ademáis que esta ferramenta de sostén entre iguais, a favor da convivencia positiva e respectuosa, promove ese requisito tan fundamental, tanto para a aprendizaxe como para o desenvolvemento integral dos rapaces e das rapazas, a mellora do clima no centro e a cohesión afectiva dos grupos. En palabras de Santos Guerra, cit. en Navarro (2011, 17), “cando existe un conflito, por exemplo, pouco se poderá aprender se as actitudes son disgregadoras”; así, a figura do alumno e da alumna axudante actúa como mecanismo chave para o fomento das aprendizaxes nun contexto de benestar.
“EmocionadXs” (Permuy, 2013), nomea un proxecto de educación-coeducación das emocións para alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), desenvolto durante tres cursos académicos no Instituto “Xulián Magariños” de Negreira, unha pequena localidade semi rural da provincia de A Coruña.Neste artigo expóñense algúns dos resultados de dito proxecto, co fin de evidenciar os efectos da educación das emocións nas relacións de convivencia no centro. Así, apoiándose nas testemuñas de persoal docente chave, o estudo manifesta a necesidade e pertinencia de deseñar e implementar accións de carácter socioeducativo, enfocadas á promoción dun desenvolvemento emocional saudable no alumnado.A investigación confirma que a educación das emocións contribúe a crear oportunidades de aprendizaxe compartida entre a rapazada, a través de experiencias e vivencias motivadoras, emocionantes e significativas; implicando ás persoas, dun xeito explícito, no seu propio proceso de desenvolvemento, tanto persoal como grupal.Neste senso, para a creación de contextos de convivencia positiva, parece imprescindible ter presentes a dimensión emocional e social do individuo, pero tamén dos grupos.Como afirmaba Paulo Freire “a Educación non cambia o mundo, cambia ás persoas que van cambiar o mundo”. Por iso, a transformación social, cara unha cultura de paz, depende en gran medida de aprenderse como suxeito emocional e social, en interacción coas outras persoas e as súas emocionalidades; e por tanto, aprenderse como individuo pensante e sentinte, responsable da propia vida e da vida en comunidade.“EmocionadXs” (op. cit.) é unha experiencia deseñada e implementada desde o Seminario de Emocionalidade, Xéneros e Desenvolvemento Humano (EXDEHU), do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
scite is a Brooklyn-based organization that helps researchers better discover and understand research articles through Smart Citations–citations that display the context of the citation and describe whether the article provides supporting or contrasting evidence. scite is used by students and researchers from around the world and is funded in part by the National Science Foundation and the National Institute on Drug Abuse of the National Institutes of Health.
hi@scite.ai
334 Leonard St
Brooklyn, NY 11211
Copyright © 2024 scite LLC. All rights reserved.
Made with 💙 for researchers
Part of the Research Solutions Family.