“…Outras análises de enfoque micro e/ou mesoeconómico destacaron a superior resiliencia dalgúns axentes do País Vasco ante as crises, moi en particular as súas empresas. Holl, Rama e outros autores demostraron unha maior resiliencia das empresas vascas ante a última crise económica en compara-ción coa das empresas doutras rexións españolas, algo que atribúen, sobre todo, ás políticas de ciencia, tecnoloxía e innovación adoptadas e sostidas na rexión (Cruz-Castro et al, 2018;Holl e Rama, 2016 Tamén para a última crise económica, pero nun traballo centrado nas empresas vascas, González--Bravo, López e Valdaliso (2018) comprobaron a existencia dunha relación directa entre pertenza a unha asociación clúster e unha maior resiliencia. Outros traballos demostraron unha superior resiliencia de clústeres (Elola, Parrilli e Rabelloti, 2013; Valdaliso, Elola e Franco, 2016) e sectores particulares (Valdaliso, 2018) localizados no País Vasco.…”