“…É moi importante crear unha sociedade consciente e informada dos riscos asociados ao lume, e autoprotexida, pero que ao mesmo tempo conte co lume como un elemento máis do sistema socio-ecolóxico no que está inmersa, que se sinta concernida co problema e contribuínte activa nas decisións tomadas polos xestores públicos (Everett 2002, Tábara et al 2003, Hernando et al 2012, McCaffrey et al 2013, Marino et al 2014, Tedim et al 2016. É preciso, polo tanto, facilitar a participación social e o consenso político sobre o tema porque, en definitiva, se trata dun problema colectivo complexo, que ten as súas raíces na nosa sociedade e lle corresponde a ela o principal papel na súa resolución (Tedim et al 2015e 2016, Bruña e Marey 2013e 2017, Marey et al 2015.…”