ResumenEste artigo recolle a análise arqueohistórica do proceso de conformación dunha paisaxe cultural a escala local, como é a parroquia de S. Pedro de Cereixa (Pobra de Brollón, Lugo). Partindo da Arqueoloxía da Paisaxe reconstruímo-las diferentes estratexias de construcción do espacio social empregadas polas sucesivas formacións socioculturais que ocuparon a zona dende a Prehistoria Recente deica a actualidade. Na segunda parte achegámonos ó patrón de racionalidade manexado pola comunidade campesina que construíu e dotou de sentido á paisaxe rural tradicional. Para acadar este obxectivo, desenvolvemos unha aproximación interdisciplinar coa angueira de maximizar tanto as aportacións de diferentes tendencias historiográficas (Historia Rural, Antropoloxía Histórica, Microhistoria) como a potencialidade da utilización conxunta de diversas ferramentas metodolóxicas, nomeadamente o baldeirado de fontes documentais secundarias, a enquisa etnográfica, a análise iconográfica e a Historia Oral.
AbstractFrom the point of view of Landscape Archaeology we try to show the genealogy and development of a cultural landscape in a galician little village. Our research définies several spatial patterns built by the different societies which inhabited the area of San Pedro de Cereixa from the Recent Prehistory to nowdays. In the second part of our research we get inside the mental universe of the traditional peasant community who endowed this landscape with sense. This cosmovision is not a static model but a cultural product of a historical process that embraces a mixture of continuities and ruptures, popular believes and the imposition of a official religion and a civilization of customs by the Church.
Palabras Clave(c) Consejo Superior de Investigaciones Científicas Licencia Creative Commons 3.0 España (by-nc) http://estudiosgallegos.revistas.csic.es 11g ETNOARQUEOLOXIA E MICROHISTORIA DUNHA PAISAXE CULTURAL Porque a etnografía está nun perigo gravísimo e a xente non se dá conta deste perigo.Un castro ou as ruinas dunha vila romana, por exemplo, se non se escavan hoxe, escávanse dentro de cincuenta anos, as cousas están alí soterradas, esas xa non se perden. En cambio as cousas que o pobo usa, que vai desbotando, esas desaparecen.